RKV MUSICA.

RKV

Música e indicativos de contenido, como avance a la programación de RKV. read less
MusicMusic

Episodes

9- A Kanteira, sitio musical perigoso
22-01-2024
9- A Kanteira, sitio musical perigoso
Lista perigosa Tulsa, Melenas, El buen hijo, Bum Motion Club, Non Servium, Vibora, Blaze Bayley, Stoned at Pompeii, Lontreira, Los Pelukeros de Punset. No inframundo da Kanteira as cousas seguen perigosas. Apareceron esqueletes moi divertidos con moita esmorga nos osos. Abreu a noite Tulsa “santa mártir” chirriaron as tripas dalguns. La Riooot Miren Iza, dende hai anos con Tulsa mostrou todo o que pode sufrir unha muller, todo o que pode aguantar. Envolto nun realismo sucio, todo está no disco “Amadora”. De Pamplona viñeron Melenas, cunha sonoridad Velvet Underground e pop garaxe. Con elas fixemos Bang. Simboloxía pop foi o que trouxeron El Buen Hijo dende Madrid. Do disco “Viene y Va” quedamos namorados de “Lo que no me pase no me pasará” un soplo de aire de mar entrando na primaveira con todo o que iso supon para sangues namoradas. Bum Motion Club nace dentro da nova proposta de bandas emerxentes de Madrid. Son Iris Banegas, Pablo Vera, Alejandro Leiva, Alberto Aguilera y Pablo Salmerón. Estrearon longa duración “Claridad y Laureles” (23). Emo Pop de moitos quilates. Unha das grandes bandas perigosas e con pouso Oi! Hard Core, Street punk “Non Servium” levaban desaparecidos dos cemiterios discográficos. Despois de caseque unha década foron ata o noso, Na Kanteira, para mostrar o seu magnífico punk a través do ultimo traballo. Vibora destrueu todo o garito cos seus fotons de hardcore puro. Tamen nos fixo unha visita Blaze Bayley (ex Iron Maiden) que anda de xira por outros Camposantos. Stoned At Pompeii que están na saida para a estrea do seu agardado novo albúm pasaron xunto con Lontreira para adiantar show dos premios Maketón Maeloc, Radio Vigo.
A Kanteira, sitio musical perigoso
12-01-2024
A Kanteira, sitio musical perigoso
A Kanteira sitio musical perigoso presenta unha esmorga mundial con Morfi Grei como esquelete de honra. Os arribados de outros inframundos que skacharon foron La banda trapera del río, Crim de Tarragona co seu ultimo traballo. Cançons de mort, ensalada de punk-hard-core con riffs moi persoais; estilo Crim. Per catalunya seguim amb o sense amnistia. Tano! de Girona trouxeron a súa nave “Intanostellar” fabricada no 2023 pero que funciona perfectamente para visitar e montar esmorga polos inframundos. Son dous tripulantes nada maís pero de sobra para machacar hardcore punk en plan Refused ou The Locust. Cala Vento ofreceron un habitación cargada de optimismo retorcido da sua maravillosa “Casa Linda”. El Diablo de Shangai arribaron con Patti Smith e bailaron co seu último disco “113 Pasos Adelante en el Ensanche” un paso máis cara un son propio amasado con Televisión, The Strokes e Fontaines DC, pero eles son uns Arctic Monkeys. Tigre y Diamante chegaron con Fernando Alfaro, o señor. A historia do mellor gol de Cunningham puxo o cemiterio a skachar osos. Tivemos rock and roll e Country cos Howlin’ Ramblers. Borrachera total na esmorga estes tipos son perigosos. Teñen un novo disco “Drunked Hearted man”. Completamos a Esmorga con Mr. River o trío de Pontevedra que leva facendo bo hard rock blues dende o 2017. Nestes momentos andan tuzaros co jazz-rock fusión. A familia maravillosa do folk e do rock e da música bonita “Family Folks fixeron unha visita bestial. Dukkha un trio de vértigo rock independente electrónico. Envolveron todo nunha atmósfera de un agobio agradable.